miércoles, 13 de noviembre de 2013

¡Qué blanca más bonita soy!

¡Qué blanca más bonita soy! , este é o libro co que decidimos comezar a andaina do club de lectura por este ano. Os profesores xa o leran e suscitara entre eles unha profunda discusión sobre o tema que o libro trata: a escravitude. A cuestión estaba en como reaccionarían ante a lectura adolescentes de 15 e 16 anos. E non podemos dicir que lles gustara, máis ben impactounos. Algún comparou o mercado de escravos coa feira do gando do seu pobo. ¡Impresionante e certeiro!; outras nenas amosaron o seu desconcerto ante a actitude acrítica da protagonista, non entendían por que aceptaba ter como regalo un escravo, Koko, nin por que o trataba tan mal. Tamén amosaron o desconcerto pola actitude da nai da protagonista, esa aceptación das infidelidades do seu marido e, en definitiva, do seu papel nunha sociedade no que a muller está subordinada ao marido. Algún outro, sen embargo, non cría nada do lido, parecíalle imposible, froito dun soño... Bendita inocencia!