sábado, 17 de enero de 2015

El asesinato del profesor de matemáticas, de J. Sierra i Fabra

Este libro cóntanos a historia de tres estudantes-Adela, Luc e Nico- que tiñan serios problemas coas matemáticas. Despois do último exame suspenso, o seu  profesor- Felipe romeu- deulles unha segunda oportunidade; pero nesta ocasión propúxolles un xogo: adiviñar quen era o suposto asasino do profesor.
Ao día seguinte, preséntase o seu profesor envolto en sangue, explicándolles que lle dispararon de verdade e que tiñan que deter ao culpable antes de que se escapase. Finalmente, as pistas guíanlles até a súa escola e descobren ao asasino.
Este libro descóbrenos que as matemáticas non son tan difíciles, pois pode chegar a ser un xogo moi divertido.
É un libro moi entretido pois podedes tentar facer cada problema ou xogo de enxeño que alí aparece.
Por Dayanna

Coñecedes o programa Órbita Laika que emite a TVE2? Pasádeos por alí e veredes cousas como esta:

No hay comentarios:

Publicar un comentario