lunes, 31 de octubre de 2016

Cartas de inverno, A. Fernández Paz

Con Cartas de Inverno de Agustín Fernández Paz, comezamos este curso o Club de Lectura, e o libro, en xeral, gustou moito. Falamos do final, xa que foi moi inesperado para todos e non concluíu a historia. Destacamos o que para nós eran cousas boas e o que non nos gustou tanto, como a lentitude dalgunhas páxinas, ao estar constituídas por cartas, e por outra banda, o medo e o misterio producido nalgún feito contundente da historia. “O misterio abonda nesta historia” –Di alguén… 
Os personaxes que máis gustaron foron, a protagonista, Tareixa, por como é capaz de aceptar o incerto e confuso final para nós e Adrián que, a pesar de todo o sucedido, tivo a coraxe de seguir adiante polo forte vínculo da amizade. 
Ao longo da reunión saíron temas moi profundos como : “A vida ten un peche cerrado?” Con este libro aprendemos que o valor o da amizade, e o amor fraternal, é superior ao medo e debemos axudar se podemos a todos que estean en perigo. 
Para rematar queremos dicir que con esta profunda e preciosa historia homenaxeamos ao vilalbés Fernández Paz, tristemente falecido neste ano. 
Por Carmen Peñalver, 3º ESO.