viernes, 24 de febrero de 2017

A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville

Esta é una historia de responsabilidade, familia e misterio. Trata sobre un rapaz de 18 anos chamado Estevo, que tras atropellar a una anciá coa súa moto, vese obrigado a acudir a súa casa dúas horas a semana como castigo. Ao contrario da súa idea de facer traballos da casa, o seu castigo consiste en falar coa señora, chamada Chiruca. Pronto, Estevo comeza a sentir gran interese sobre o pasado de Chiruca, e ambos acaban facendo moi boas migas. Sen embargo, hai algo que non deixa de molestar a Estevo sobre a morte do fillo da anciá, e así, xunto coa súa moza Paula, gran fan das series de misterio, deciden investigar por distintos medios o seu pasado, unindo pezas para descubrir algo que pouca xente coñecía. 
 En xeral, a pesar de que este non foi un dos libros favoritos para os membros do club de lectura de 3º ESO, deu lugar a moitas reflexións. A historia era interesante, a pesar de que se considerou que o libro era demasiado longo para o que contaba. Aínda así, fíxonos reflexionar, especialmente sobre a soidade á que se ven sometidas moitas veces as persoas maiores, xa sexa nun centro especial ou vivindo eles sós, sen a penas visitas das súas familias. Tamén sobre que a pesar de seren a nosa única conexión co pasado, e canto tempo traballaron para que o noso mundo sexa agora como é, son en moitas ocasións considerados estorbos. 
 Aínda que este libro non foi o que tivo a trama máis interesante, si que é certo que tivemos un bo momento con el, con momentos de risa e tamén sobre as conclusións e pensamentos que sacamos del. Sen dúbida, con el aprendemos a valorar un pouco máis as cousas como os maiores e á nosa propia familia.
 Por Alba Piñeiro López 
 Este vídeo pon en imaxes algunha das reflexións ás que chegamos na reunión do club.
Geri's Game from muctim on Vimeo.

martes, 21 de febrero de 2017

La flor púrpura, de Chimamanda Ngozi Adichie

Chimamanda Ngozi Adichie es una joven autora nigeriana que se traslada a Estado Unidos para completar sus estudios. Su primera novela es la que nos ocupa, La flor púrpura, obra de gran aceptación y muy bien acogida por la crítica. 
 La obra se desarrolla en la tierra de Chimamanda, Nigeria, y, a través de la primera persona narrativa, la joven de quince años, Kambili, nos relata la historia de su familia, en un ambiente de inestabilidad política.
 La familia de Kambili disfruta de un privilegiado nivel económico. Ella y su hermano mayor, Jaja, viven en una lujosa casa y asisten a un buen colegio. El padre es un respetado hombre de negocios en Enugu, población en la que residen. 
 Todo parece transcurrir con normalidad, sin embargo, sufrimos con la protagonista la férrea dictadura a la que el padre, Eugene, somete a su mujer y a sus hijos. El fanatismo católico y enfermizo del padre se refleja en la atmósfera familiar intolerante y claustrofóbica. En una ocasión, Kambili nos muestra a su padre “agitando el cinturón y lanzándolo contra madre, contra Jaja y contra mí mientras mascullaba que el diablo no lograría vencer”. Sirva como ejemplo de barbarie este castigo atroz que soportan “por comer diez minutos antes de la misa”. Otras razones similares esgrime el padre para exhibir su cruel brutalidad (por no ser la primera de la clase le escalda los pies a Kambili, derramando agua hirviendo de una tetera; le da una salvaje paliza por tener el retrato de su abuelo “pagano”…).
 La aculturación se observa en este intransigente padre que repudia a su propio padre, Papa-nnukwu, “por ser pagano y dedicarse a adorar a dioses de madera y de piedra”. Eugene rechaza radicalmente los patrones de su cultura de origen, la nigeriana, la de los igbo. Los jóvenes tienen prohibido convivir con su abuelo y sus tradiciones africanas. A través del abuelo, la autora critica duramente la pérdida de identidad del pueblo igbo. Cuando el territorio nigeriano fue ocupado por los británicos, los pueblos aborígenes fueron víctimas de un lento exterminio cultural. Chimamanda se preocupa de reflejar la cultura nigeriana a través de la lengua igbo que aparece diseminada a lo largo de la novela, las costumbres, las comidas, los olores, las flores, en suma, la “flor púrpura” (hibisco púrpura) que simboliza la libetrad, la individualidad.
 La visita de los jóvenes Jaja y Kambili a Nsukka, población en la que vive tía Ifeoma (hermana del padre) con sus tres hijos, supone una ruptura con su vida anterior en Enugu. Aquí aprenden y comprenden la tolerancia, la alegría, la pobreza compartida, la libertad…
 Al regresar de nuevo a su casa en Enugu, el cambio de mentalidad de los jóvenes ya no puede detenerse. Algo muy importante había transformado sus vidas. Tenían otra visión del mundo, otra perspectiva antes desconocida para ellos. Y es, precisamente, esta nueva percepción la que desencadena el final trágico de la novela.

martes, 14 de febrero de 2017

El tío Petros y la conjetura del Golbach, de A. Dioxiadis

Nesta novela relátase a historia dun matemático grego chamado Petros Papachrystos, que dedicou gran parte da súa vida a resolver un problema matemático chamado a Conxectura de Golbach, que a día de hoxe ninguén conseguiu cualificar como teorema. 
 Petros é un matemático moi prestixioso que de mozo tentou resolver a conxectura, pero despois de bastantes anos nos que non consegue importantes avances decide comezar a levar unha vida máis tranquila e unicamente dedicarse á súa gran paixón, o xadrez, e a coidar o seu horto e o seu xardín. Petros era desprezado polos seus dous irmáns. que o definian como un fracasado da vida, por non aproveitar as súas grandes cualidades matemáticas e pasarse metade da súa vida tentando resolver o imposible. O seu sobriño favorito, o protagonista do libro, decatouse do intento errado do seu tío e decidiu preguntarlle sobre iso. Desde ese mesmo instante o tío Petros vólvese a entusiasmar coa conxectura e volve tentar resolvela, o que lle provoca caer nun estado de tolemia e finalmente a morte tras un episodio de pánico no que di resolvela. 
 Recomendo este libro porque nos ensina que é bo tener paixón por algo, pero non ter tanta como para caer na tolemia.

viernes, 3 de febrero de 2017

Un hijo, de Alejandro Palomas

No terceiro libro do club de Lectura falamos de como nos emocionou un neno pequeno que bota de menos á súa nai, como rexeitamos nun principio e logo comprendemos a un pai que parecía apartar ao seu fillo, discutimos da aspiración de Guille de ser Mary Poppins e das que, podería dicirse, son as dúas historias que se desenvolven de forma paralela no libro e que fan que o teu corazón se encolla capítulo a capítulo. É unha historia que engancha desde un primeiro momento.

 En xeral, todos coincidimos no que nos sorprendeu o feito de que, contrariamente a moitos libros con cativos como protagonistas nos que os pequenos falan como adultos, neste, Alejandro Pombas consegue que pareza realmente un neno pequeno o que conta a historia. Por outra banda, tamén nos gustou como o autor vaite levando dunha a outra tese sobre as motivacións dos personaxes, teorías que, en moitas ocasións desbarátanse nos seguintes capítulos. É dicir, trátase dun libro que fai que, a medida que avanza a historia, ti na túa cabeza vaias montándoche a película. Os personaxes van desenvolvéndose durante toda a narración. 
En definitiva, o libro encantounos unanimemente.