martes, 14 de febrero de 2017

El tío Petros y la conjetura del Golbach, de A. Dioxiadis

Nesta novela relátase a historia dun matemático grego chamado Petros Papachrystos, que dedicou gran parte da súa vida a resolver un problema matemático chamado a Conxectura de Golbach, que a día de hoxe ninguén conseguiu cualificar como teorema. 
 Petros é un matemático moi prestixioso que de mozo tentou resolver a conxectura, pero despois de bastantes anos nos que non consegue importantes avances decide comezar a levar unha vida máis tranquila e unicamente dedicarse á súa gran paixón, o xadrez, e a coidar o seu horto e o seu xardín. Petros era desprezado polos seus dous irmáns. que o definian como un fracasado da vida, por non aproveitar as súas grandes cualidades matemáticas e pasarse metade da súa vida tentando resolver o imposible. O seu sobriño favorito, o protagonista do libro, decatouse do intento errado do seu tío e decidiu preguntarlle sobre iso. Desde ese mesmo instante o tío Petros vólvese a entusiasmar coa conxectura e volve tentar resolvela, o que lle provoca caer nun estado de tolemia e finalmente a morte tras un episodio de pánico no que di resolvela. 
 Recomendo este libro porque nos ensina que é bo tener paixón por algo, pero non ter tanta como para caer na tolemia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario