martes, 12 de diciembre de 2017

El curioso incidente del perro a medianoche, de Mark Haddon

Este autor escribiu gran cantidade de libros para nenos, un poemario e tamén participou na creación de guions de series e películas de televisión. Ademáis, traballou un tempo con persoas con discapacidades físicas e mentales, o que lle permitiu escribir esta historia na que o protagonista padece un trastorno do espectro autista.
 Foi un libro que gustou bastante en xeral, grazas en parte á forma inocente de escribir, evocando a un pequeno. Ademáis, o protagonista foi bastante querido por todos, pois, desprendía certa tenrura. É certo que a algúns puido parecerlles que o tema principal entorno ao cal xira a historia é moi básico e simple, pero temos que pensar que é unha novela que intenta imitar os pensamentos e a forma de escribir dun neno, eso é o que a fai especial.
 Recomendamos esta novela se o que queres é ler algo diferente e saber o que pode pensar unha persoa con autismo en diversos momentos da vida cotiá.

Por Carlota, 4º ESO

lunes, 11 de diciembre de 2017

O Incrible caso de Barnaby Brocket , de Jhon Boyne

Receita caseira para problemas de discriminación 

 Se unha persoa sente frecuentemente a necesidade de medir aos demais polo modelo social imperante, ese que produce máis vítimas e infelicidade que as guerras, debe saber que se trata dunha afección moi común que pode ser atallada con remedios naturais caseiros ata erradicala para sempre. 


Se á patoloxía lle chaman “anormalidade” e presenta máis cabezas que a famosa Hidra - a anormalidade física (“que gorda te estás poñendo”), a social (“a onde vas con esas pintas?”), a vital (“30 anos e aínda non tes noivo?”), a moral (“non será que non che gustan os homes? Miña madriña!!!”) - o labirinto de posibilidades pasa a ser infinito. Ningunha persoa puido xamais cumprir con tantos requisitos de perfección: unha saúde envidiable, un adecuado benestar económico, unha estabilidade familiar perfecta, un recoñecemento social absoluto…Non existe a perfección, aínda que os mass media pretendan que comulguemos con rodas de muíño.

 Na obra O Incrible caso de Barnaby Brocket, John Boyne amósanos o verdadeiro rostro dunha traxedia mil veces agochada. En clave fantástica ese neno que flota representa a todos os cativos que son rexeitados polos seus país (e gran parte da sociedade) ante a evidencia de ser diferentes, anormais. 

 Pero o alumnado do club de lectura albiscou claramente a verdade: os anormais son aqueles que desprezan, que discriminan, que culpabilizan. Eses país que prefiren ocultar o problema, mesmo desfacerse del, poñen contra as cordas ao lector – somos o suficientemente fortes para afrontar determinadas complicacións na nosa existencia? Saberiamos nese caso dotar a un fillo das armas adecuadas coas que encarar unha vida chea de obstáculos? A resposta dos lectores cativos foi un rotundo si, avalando a firmeza do protagonista, que ao final decidiu convertir a súa diferencia en aptitude.

 Por iso, ante tanta barbarie e crueldade, dende o Club de Lectura recomendamos preparar unha infusión con respeto, cariño, empatía e boa educación. Unha vez feita, deixaremos reposar, e procederemos a lavados frecuentes de bocas e cerebros.